Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Dumbría prepara un verán cheo de actividades

Dumbría prepara un verán cheo de actividades
Veran de piscina en Dumbria

O Concello de Dumbría vén de abrir o prazo de inscrición, ata o 26 de xuño, para as actividades que se levarán a cabo nas instalacións do Conco ó longo do verán. E se os pequenos dumbrieses teñen a cabeza na Festa de Fin de Curso, tamén teñen que pensar en que deportes, xogos, actividades culturais... queren participar este verán.

A oferta é completa e as actividades para ter ocupados aos peques serán durante os meses de xullo e agosto. Para asistir a estas actividades haberá servizo de autobuses.

E tamén haberá actividades para adultos, que rexe o mesmo prazo para que se anoten ós cursos de iniciación e perfeccionamento de natación.

Os horarios serán comunicados con anterioridade ó comezo das actividades. É importante que vos inscribirse para poder facer o deseño dos horarios por parroquias. E xa Podedes inscribirvos tanto nas oficinas municipais coma nas casas culturais ata o 26 de xuño.

Novas relacionadas

  • Os pequenos de Dumbría xa pensan na Festa de Fin de Curso.
  • Dumbría prepara un verán deportivo de vertixe.
  • Fonte

    Comentarios