Os peques de Dumbría disfrutarán cas Titirihistoriestas do Camiño de Santiago
23 de outubro de 2013 (08:15 h.)
O sábado, 26 de outubro ás 12.00 h. visita as Instalacións do Conco a compañía teatral Duende Sico. Faino para achegar ós nosos veciños/as a súa obra "Titirihistorietas do Camiño de Santiago". Trátase dun espectáculo apto para nenos e nenas de tódalas idades, ó que estades todos convidados.
Esta actuación forma parte da programación Cultura no Camiño 2013, programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xestionado por Agadic.