Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Muxía e Dumbría únense para promover a igualdade

Muxía e Dumbría únense para promover a igualdade
Unha alumna do Curso de NNT en igualdalde de Muxía que imparte Ubaldo Cerqueiro de QPC

Vén a Xunta de aprobar as axudas da Secretaría Xeral da Igualdade para os concellos da provincia. Entre os que solicitaron as axudas, e que as van recibir vemos dous concellos da zona, Muxía e Dumbría, formando ademais un agrupamento, coa finalidade de lograr unha xestión eficiente e eficaz dos recursos dispoñibles.

Así, ambos concellos poderán traballar na posta en marcha de iniciativas en tres liñas de actuación: a promoción da igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero, o fomento da conciliación e o apoio aos centros de información ás mulleres (CIMs).

O programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes está destinado a medidas como actividades de coeducación dirixidas á poboación infantil e xuvenil ou elaboración de plans municipais de igualdade de oportunidades. Tamén inclúe iniciativas para a prevención e tratamento da violencia de xénero e intervencións de carácter integral coas vítimas.
Pola súa banda, o programa destinado á conciliación subvenciona todas aquelas accións que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, como os bancos de tempo ou os plans de programación do tempo das cidades.
Por último, o programa dedicado aos CIM ten por obxecto colaborar coas entidades locais no funcionamento destes centros, coa finalidade de garantir a prestación dun servizo de información ás mulleres que lles proporcione asesoramento xurídico e psicolóxico ou sobre recursos específicos, así como o desenvolvemento de calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios