Pepe do Fieiro guíanos nunha nova subida ao Monte Pindo
17 de setembro de 2024 (09:41 h.)
Organiza o concello de Dumbría unha nova ruta guiada polo mellor guía do planeta. Pepe do Fieiro levará un grupo (hai prazas limitadas) pola ruta circular do Fieiro, rescatando lendas e historias que só el garda na súa memoria.
Aos seus 90 anos, aínda vén de participar activamente no proxecto Espazos da Memoria, rescatando a historia dos fuxidos nas covas do Olimpo celta.
Poden inscribirse neste formulario.