Martes. 30.04.2024
El tiempo

O alumnado do Cole de Dumbría coñeceron a memoria da covas dos fuxidos do Monte Pindo

Pepe do Fieiro no CEIP Santa Eulalia de Dumbria co proxecto Espazo Monte Pindo-Foto-Marcos Boedo
Pepe do Fieiro no CEIP Santa Eulalia de Dumbría co proxecto Espazo Monte Pindo-Foto-Marcos Boedo
O alumnado do Cole de Dumbría coñeceron a memoria da covas dos fuxidos do Monte Pindo

Despois das presentacións no Ézaro e no pósito do Pindo, o proxecto Monte Pindo. Espazos da Memoria” viviu esta semana outra posta en escena. O escenario foi o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, onde os 12 alumn@s de 5º e 6º de Primaria recibían a visita de Ubaldo Cerqueiro (xornalista de QPC que desenvolveu a investigación), Bernardino Martínez (membro da compañóa promotora Aantena, que fixo posible este proxecto coa axuda da Deputación) e o gran Pepe do Fieiro, lenda viva do Olimpo Celta.

Ubaldo Cerqueiro CEIP Santa Eulalia de Dumbria co proxecto Espazo Monte Pindo-Foto-Marcos Boedo
Ubaldo Cerqueiro no cole -Foto-Marcos Boedo

Comezou Ubaldo, que xa visitara o centro semanas atrás co gallo da Semana da Prensa, dando conta da necesidade de realizar estas iniciativas de recuperación da memoria histórica. Despois de poñer un contexto hisstórico, resumir a vivenza de ducias de homes que se agocharon nas covas do monte, e tamén das bravas mulleres que se tiveron que enfrontar a ficar ao mando das casas, das familias, dos traballos… e ademais enfrontarse á crueldade das forzas falanxistas, puxo algún dos fermosos vídeos do proxecto.
Ficou sorprendido por relatos como os do pequeno Samuel, un deses pequenos que saben escoitar aos seus avós, e que lles trasladaba aos seus compañeir@s algunhas historias dos fuxidos.

O mellor quedara para o final. Pepe do Fieiro (que moi ben matizou que ía falar en castelán porque nos seus tempos de mozo estaba prohibido falar galego) realizou unha viaxe histórico/lendario polo Pedregal. Quedaron prendados os cativos, querendo coñecer máis e máis desa historia do Castelo de Peñafiel, e dos tesouros da Raíña Lupa. Quedaron emprazados polo propio Pepe a facer con el unha ruta cando veña mellor tempo.

Polo de pronto, teñen deberes para iren mergullándose coas súas familias nas pezas audiovisuais de espazosdamemoria.gal.

Máis info

Serie Monte Pindo Espazos da Memoria

Máis novas

 

Comentarios