Unha persoa tivo que se excarcerada tras un aparatoso accidente na Boudañeira

Onte arredor das 15:45, un vehículo sufría unha aparatosa saída de vía na recta da Boudañeira da AC441, en dirección a Baíñas, quedando envorcado nun desnivel duns 5 metros de altura.

Pronto chegaban persoal do 061 de Vimianzo, Policía Local de Vimianzo e Garda Civil de Tráfico de Corcubión. Tamén os Bombeiros de Cee se desprazaban ao lugar para proceder á estabilización do vehículo e a extracción da vítima, que foi trasladada a un hospital.