Pesar por un accidente mortal en Dumbría

Imaxe do accidente no Ancoradoiro
  • Ademais, unha persoa resultoiu ferida de gravidade tras sufrir un accidente no Ancoradoiro.

Esta pasada madrugada, arredor das 5:00h da madrugada, rexistrouse un accidente mortal na AC-552, no km.81, preto do cruce de Dumbría. Un home sufría unha saída de vía coa súa furgoneta branca Renault, e perdía a vida.

Ao lugar acodiron e Guardia Civil de Tráfico e os Bombeiros de Cee, que tiveron que liberar ao home, sen que fose necesario utilizar o material de excarceración. Posteriormente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento e esperar a que a funerario recollera o cadáver.

Segundo fontes cercanas ao caso, o finado sería Enrique Coo, coñecido empresario da hostalería e do peixe de Corcubión, vila que está en shock ante o suceso.

Accidente no Ancoradoiro

Paralelamente, esta mañá tivo lugar outro accidente, desta volta na AC-550 a altura do Ancoradoiro, no km.34, en Muros. A vítima resultou ferida de gravidade  tivo que ser evacuada ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela polo helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Tamén acodiron o GES de Muros, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da vía de circulación.