Pesar por un accidente mortal en Dumbría
- Ademais, unha persoa resultoiu ferida de gravidade tras sufrir un accidente no Ancoradoiro.
Esta pasada madrugada, arredor das 5:00h da madrugada, rexistrouse un accidente mortal na AC-552, no km.81, preto do cruce de Dumbría. Un home sufría unha saída de vía coa súa furgoneta branca Renault, e perdía a vida.
Ao lugar acodiron e Guardia Civil de Tráfico e os Bombeiros de Cee, que tiveron que liberar ao home, sen que fose necesario utilizar o material de excarceración. Posteriormente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento e esperar a que a funerario recollera o cadáver.
Segundo fontes cercanas ao caso, o finado sería Enrique Coo, coñecido empresario da hostalería e do peixe de Corcubión, vila que está en shock ante o suceso.
Accidente no Ancoradoiro
Paralelamente, esta mañá tivo lugar outro accidente, desta volta na AC-550 a altura do Ancoradoiro, no km.34, en Muros. A vítima resultou ferida de gravidade tivo que ser evacuada ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela polo helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Tamén acodiron o GES de Muros, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da vía de circulación.
Menuda xornada... Un coñecido empresario de Corcubión falecido tras un accidente no @ConcelloDumbria.
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) March 15, 2023
E outra persoa tivo que ser trasladada ao Hospital no @HelicoSantiago tras un accidente en Muros...
+info: https://t.co/5nLZtRaD0y pic.twitter.com/EPk8XXLOZ2