Rafael Lema levará o Vakner ao Congreso Internacional de Amigos do Camiño
20 de xullo de 2021 (02:10 h.)
Entre os 24 relatorios que estarán no XII Congreso Internacional de Amigos Xacobeas, un será sobre a Costa da Morte, sobre o Váknet. O prestixioso congreso, presidido polo Rei Felipe VI, celebrarase en Madrid do 21 ao 24 de outubro e alí estará o escritor e investigador da Ponte do Porto, Rafael Lema Mouzo.
Lema, na comunicación "Santiago en Croacia e Balcanes. San Martiño, o Vákner e a freska de Medulin”, analizará o fenómeno xacobeo nos Balcanes e o leste de Europa, ou as peregrinacións de pobos de Oriente Medio como os armenios e a figura de Martiros de Armenia e o Vákner monstruoso do camiño ao seu paso por Dumbría.
Novas sobre o Vakner
- Territorio Vákner.
- Martiño Nercellas: Quen encarnou ao "vakner" de Fisterra? Outra interpretación do que puido ser este “animal grande e moi daniño”.
- Jose Antonio De la Riera: Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido).