Récord de inscricións nesta sexta edición do Cross Terras do Vákner

Imaxe do Cross do ano pasado

Este ano serán 300 as persoas participantes no Cros de obstáculos que o Concello de Dumbría, en colaboración co equipo local ConcoBox, organizan ao carón das instalacións municipais do Conco – Dumbría, este sábado 13 de xuño.

Serán 250 persoas as que participarán na categoría de adultos e 50 rapaces e rapazas nas categorías base.
Tanto a rapazada coma os adultos recibirán unha medalla finisher. A maiores, os adultos levarán unha camiseta conmemorativa do evento.
Ao final da proba os participantes terán un avituallamento nas mesmas instalacións.

O circuíto conta con máis de 30 obstáculos, moitos deles naturais e algúns creados para a ocasión.

  • Categorías base: 1,5 km. Para a rapazada nacida entre os anos 2010 e 2016
  • Percorrido curto: 3,75 km
  • Percorrido longo: 7,5 km

Con este elevado número de inscricións constátase o crecente interese que esta disciplina esperta tanto dentro da Costa da Morte coma fóra, xa que son moitos os deportistas chegados de toda Galicia.