Un Campionato do mundo nos ríos Xallas e Anllóns

O río Xallas acolle a Copa do Mundo de Pesca sen morte en 2016

Espectacular preséntase o ano por Santa Comba. A capital xalleira acollerá diferentes probas de primeiro nivel nacional e internacional. Entre elas, o Campionato do Mundo de Pesca a mosca (sen muerte) Xuventude 2016 (Galicia 2016 World Youth Fly Fishing Championship) que se celebrará do 8 ó 14 de agosto en Galicia. O Río Xallas terá dous sectores, un en Santa Comba e outro en Olveira, Dumbría. Pero ademais o Anllóns tamén terá un sector, na zona de Verdes, Coristanco.

A participación está estimada en 50 equipos con un elenco de 250 persoas procedentes de 15 países. A base de operación estará no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela. É o primeiro campionato destas características que en lugar en España.

O sector 4 en Ponte Olveira e o sector 7 de Santa Comba acollerán adestramentos oficiais o día 8 de agosto. Os sectores completos son Sector 1. Río Eume (Ombre), sector 2. Río Mandeo (Aranga), sector 3. Río Anllons (Verdes-Coristanco), sector 4. Río Xallas (Ponte Olveira), sector 5. Embalse de Vilasenín (Cerceda), sector 6. Río Ulla, sector 7. Río Xallas (Santa Comba).

Jorge Duarte ,Secretario da Sociedade de Pesca de Santa Comba, o alcalde Ucha Velo e Jose Manuel Rey Alvela, Presidente da Federación Galega de Pesca

Así o presentaban onte no Concello xalleiro, Jorge Duarte, Secretario da Sociedade de Pesca de Santa Comba e da Federación Galega de Pesca, José Antonio Ucha Velo, Alcalde de Santa Comba, e José Manuel Rey Alvela, Presidente da Federación Galega de Pesca. Todos destacaron a importancia de albergar un campionato mundial.

Tamén sinalaron que dous meses antes o Concello de Santa Comba albergará unha proba do Campionato Galego de Pesca, na modalidade a mosca sin morte. Será o 15 de xuño no seu coto do Río Xallas que vai desde a presa Xesteira a Truebe.

Unha captura nos ríos galegos

5 (ou 7) Campionatos en Santa Comba

Con estas dúas probas serán cinco os campionataos federativos oficiais que Concello de Santa Comba ten confirmados para este ano, ata o momento, porque está pendente de que frutifiquen as negociacións para albergar dous campionato galegos federativos máis.

  • Campionato Galego de Caza do Raposo. 9 de Xaneiro.
  • Campionato Galego de Autocross. 2 de Abril.
  • Campionato Galego Pesca a Mosca sen morte. 15 de Xuño.
  • Campionato do Mundo de Pesca a Mosca sen morte. Do 8 ó 14 de Agosto.
  • Campionato Galego de Rallymix. 24 e 25 de Setembro.

Fonte