Un ferido leve nun accidente de tráfico en Bustelo

O sinistro tivo lugar sobre as 17:40 horas á altura do cuce do Trasufe Ás 17:40 horas desta tarde rexistrouse un accidente na AC-552 á altura do cruce de Trasufre, en Bustelo - Dumbría. No sinistro víronse involucrados un coche e unha furgoneta e unha das persoas tivo que ser trasladada ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee cun posible traumatismo nunha perna. Os coches entorpeceron o carril polo que o tráfico tivo que ser desviado ata que os equipos de emerxencias os retiraron.
O accidente obrigou a desviar o tráfico en dirección a Cee Un particular foi quen alertou aos servizos de emerxencias e ata o  lugar do sinistro desprazaronse axentes da Garda Civil de Tráfico. membros de Protección Civil e os servizos médicos.  

Accidentes 2016

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • AXEGA
  • Bombeiros Cee