Extinguido o incendio que arrasou con 42 hectáreas en Berdoias

  • * Última hora (20:30h; 14-07-15): Ata ás 20:03h da tarde do martes 14 de xullo, case 24 horas despois da prenda dos dous focos no incendio de Berdoias, non foi extinguido o #IFBerdoiasVimianzo.

Mal pintaban as cousas onte ás 21:00h cando o fume empezaba a verse dende toda a comarca de Soneira e Fisterra. A hora ideal para prender un lume, contando co vento, e con que pola noite os efectivos antiicendios teñen moito máis complicada a súa labor. O foco principal era en Berdoias, Vimianzo, a carón da estrada AC-442, e xa dende pouco máis tarde a Xunta empezaba a informar de que estaba activo o #IFBerdoiasVimianzo.

O incendio acabou sendo controlado arredor das 6:00h, despois de arrasar unha superficie de 41 hectáreas, 36 de superficie rasa e 6 arborada. Traballaron ao lugar 7 axentes forestais, 11 brigadas, 8 motobombas e 2 pas.

Ao lugar chegaron os primeiros bomeiros arredor das 21:45h, dende Santa Comba cunha motobomba, pero o groso tardou máis en facelo. Unha hora máis tarde xa o lume botara a varios veciños das súas casas. Os propios veciños tamén tiveron que traballar arreo para sofocar o lume da súa zona, en presencia do alcalde vimiancés. Uns veciños que se queixan que o groso dos operativos non chegaron ata ás 23:30h.

Prende unha palleira no Ézaro

O lugar de San Crimenzo, no Ézaro, sufría un incendio nun alpendre, como acontecera exactamente o ano pasado. A palla acumulaba é un foco fácil para os desalmados, que ás 11:00h da mañá lle prendían e provocaban unha gran fumareda na zona. A preocupación é máxima.

Por certo, xa sabes, #SeVesLume085.

Incendios forestais 2015

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).