Un morto nun accidente de dous camións en Dumbría
26 de abril de 2013 (14:00 h.)
Esta mañá, arredor das 11:15, un tremendo accidente convulsionaba o lugar de Regoelle, en Dumbría, na estrada que une Baíñas e Olveira. Dous camións, un de xelados e outro de piensos, chocaban frontalmente, con consecuencias dramáticas.
Un dos condutores, de 51 anos e veciño de Miño, falecía mentres ía sendo trasladado ao Hosptal, mentres o outro permanece en estado grave.