Martes. 14.05.2024
El tiempo

Doble rescate de sendos barcos en Camariñas

Doble rescate de sendos barcos en Camariñas

Foi onte un día complicado na mar, e iso que estaba bastante tranquila. Se cadra por iso, o exceso de confianza págase claro. O mércores amencía cun percebeiro de Muxía nas rochas (afortunadamente malia ter que ser rescatado en helicóptero só tivo unha perna rota). E pola tarde, dous pesqueiros camariñáns tiveron que ser rescatados.

A lancha Salvamar Altair, de Salvamento Marítimo, foi requirida en dúas ocasións nesta tarde para remolcar a senllos pesqueros de Camariñas, por fallos nos seus motores.

O primeiro requerimiento de remolque produciuse ás 15:00 horas, polo "As de Guía", que se quedou sen propulsión a 15 millas ao ONO de Cabo Vilán. O pesquero, con seis tripulantes a bordo, chegou sen novidade ao porto de Camariñas.

Pouco logo das 18:00 horas, o centro de coordinación de Fisterra houbo de alertar de novo á lancha de Salvamento, tras recibir un segundo aviso de problemas nas máquinas dun pesquero que tamén foi remolcado a Camariñas. Trátase do "Vexo", con catro tripulantes, que rexistrou a avería cando se atopaba a 15 millas ao SNO do mesmo Cabo Vilán.

Novas relacionadas

Accidentes na mar no 2013

Fonte

Comentarios