Unha viaxe salvaxe polo Alto de Miñóns

Xa temos estado no Alto de Miñóns cos Recunchos da Costa. Pero as imaxes que nos trae o corcubionés Leo Moreira da Andaina por Dumbría son espectaculares.

A zona de Miñóns permítenos por un lado disfrutar dunhas vistas inmellorables da Ría de Corcubión. Polo lado contrario érguese o macizo granítico multicolor do Monte Pindo, como vemos destrás destas libres e felices bestas.

E a piques estivo Leo de chegar a un evento singular como é o nacemento dun poldro. “5 minutos antes e cazo o momento” coméntanos o propio Leo:

Esperemos que estes poida disfrutar da liberdade dos montes galegos, e non sufran as consecuencias dalgún que outro desalmado

Novas relacionadas