Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: Máis cabalos con cepo

Fotodesfeita: Máis cabalos con cepo
Cabalo con cepo en Muros-Foto-Nieves Formoso

Lamentablemente seguimos descurindo estas crueis estampas polos montes da bisbarra. Hai ano e medio xa nos enviaban unhas imaxes semellantes dende Muros, e hoxe, recibidos de Nieves Formoso esta dura imaxe tamén dende o Concello muradán.

Nieves sinala que se trata dun cabalo con tranca ou cepo, nunha finca privada pegada a estrada de Taxes, e preto das casas do lugar. E acompaña cun claro "1uero facer constancia da miña repulsa o maltrato os animais". Nós tamén.

E de feito, a través desta denuncia, o José Ramón Muíño envíanos esta foto que pode mesmo ser do mesmo cabalo, pois a foto foi tomada o 5 de xaneiro nos montes muradáns. "Non entendo como se está prohibido o uso do cepo, e tal é como e fácil de ver esta práctica, os señores axentes da autoridade non se dan unha volta polos nosos montes", reflexiona José Ramón.

Cabalo con Cepo en Muros-Foto- Juan Ramón Muiño Imaxe do Cepo dun cabalo muradán-Foto- Jose Ramon Muíño

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

Comentarios