Varios proxectos costeiros, recoñecidos por Afiprodel

Eran numerosos os proxectos costeiros presentados aos Premios Afiprodel-Galicia ás Boas Prácticas de Desenvolvemento Local. I é que a Costa da Morte ten moito peso entre os profesionais do sector.

E tanto o xurado como o público xa emitiron veredito polo que temos gañadores, que recibirán un galardón e os diplomas a todos os participantes, na gala do vindeiro sábado 26 de abril ás 11:00h nos locais do Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago.

O premio Especial do Público recaeu no Fisio-che Ben, un proxecto de San Sadurniño. Pero entre os escollidos polo Xurado, atopamos varios premios.

Por exemplo na Modidade de Administracións, o segundo premio foi para o proxecto “Vimianzo. Do Mar á Terra”, que convirte a arqueogastronomía soneirá nun tesouro. Eunha iniciativa singular de dinamización do sector da restauración a través da posta en valor dun patrimonio natural (produtos do mar autóctonos) e intanxible (tradición gastronómica). O proxecto acredita unha boa implicación dos axentes do territorio e unha boa resolución das accións promocionais. Valórase o fomento do consumo local e a economía de proximidade, a implicación do tecido poboacional, sector da pesca e hostaleiro, con esta promoción do turismo apoiado na arqueogastronomía”.
O primeiro foi para IDEA, un proxecto de participación cidadá na creación do PXOM de As Pontes.

Na Modalidade de Entidades, copamos o podio. O primeiro premio é un dos nosos favoritos, como é o proxecto Sabor Emprendendor do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, que leva cada semana aos alumnos ao mercado de Carballo cos seus propios produtos de horta. Sinalan que se trata dunha “boa iniciativa de desenvolvemento das competencias transversais (liderato, traballo en equipo…) da mocidade emprendedora e no eido rural. Supón un salto de calidade no entrenamento para a empregabilidade e/ou capacidade de emprender ao basear a experiencia nun contexto real (o mercado) procurando poñer en valor produtos autóctonos”.
O segundo premio das accións levadas a cabo por Entidades, foi para Zas, concretamente para Fornelos, onde a iniciativa veciñal conseguiu levar adiante o acondicionamento e a posta en valor do lugar de Fornelos. O xurado valora que o proxecto “amosa a cooperación entre veciños dende o deseño ata a execución e a busca de financiamento. Os valores salientables son o esforzo, os obxectivos do proxecto e os sectores da poboación implicados.

Na Modalidade de Empresas, o segundo premio tamén é costeiro, e non é outro que a Planta de Trasformación de elaborados cárnicos asociados á explotación familiar de Raposo Cárnicos, en Dumbría. “A retención de valor no territorio a partires da integraciçon vertical de todo o proceso dunha empresa gandeira: cría, engorde, primeira transformación de produtos, ecomercialización do ciclo corteo, en canal HORECA e on-line. A estratexia de mantemento da empresa e mellora da rendabilidade, apostando pola calidade, a diversificación de produtos engadindo valor e a creación de emprego local. Trátase dunha iniciativa escalable e alentadora para outros produtores”. sinalan o xurado.

Así, que parece que somos unha potencia en materia de desenvolvemento local. Mágoa que non tocase nada para un proxecto tan dinamizador como QPC…

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).