Martes. 15.10.2019
El tiempo

Afiprodel prepara un proxecto piloto de desenvolvemento local dende a Costa da Morte para Galicia

Afiprodel prepara un proxecto piloto de desenvolvemento local dende a Costa da Morte para Galicia

A Asociación Galega de Axentes de Desenvolvemento Local (Afiprodel) vén de realizar unha xuntanza na Casa de Trillo, en Muxía, con miras de país. I é que a cita tiña como principal fin elaborar unha proposta para poñer en marcha un proxecto piloto no territorio da Costa da Morte. A iniciativa xurdíu dunha entrevista da asociación co director xeral de Emprego para que a entidade costeira propoña un plan a nivel galego.

Ao encontro acodiron axentes de desenvolvemento local de distintos concellos de Galicia, o profesor da UDC Ricardo García Mira, o catedrático da USC Rubén Lois, entre outros técnicos galegos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios