Venres. 29.03.2024
El tiempo

Conclusións activas para o Desenvolvemento Local

Conclusións activas para o Desenvolvemento Local

Esta pasada fin de semana, os Axente de Desenvolvemento Local da Costa da Morte que forman a Asociación Afiprodel mantiñan unha xuntanza de traballo para analizar as posibilidades de desenvolver un proxecto piloto de desenvolvemento local na Costa da Morte para toda Galicia.

Hoxe a entidade envíanos as conclusións da xuntanza, que contou coa colaboración dos Ricardo García Mira (Profesor de Psicoloxía Social na Universidade da Coruña), Rubén Lois (Catedrático de Análise Xeográfica Rexional), Adina Dumitru (Psicóloga social da Universidade de Timisoara) e Rosa Leis (Técnica de Adterra, experta en proxectos de dinamización e ampla experiencia en proxectos da UE). Os presupostos da UE e a súa Estratexia 2020 estiveron moi presentes ao longo da reunión, pois son unha das fontes de financiamento máis importantes da nosa periférica bisbarra.

Por parte da entidade costeira falaron 3 integrantes. Dolores Pena, presidenta, explicou a traxectoria da asociación e os obxectivos para este ano. Pola súa parte, José Ramón Esperante, vocal de TICs, presentou o vídeo resumo do Congreso MODELO, que el mesmo elaborou. Ademais, Rosa Sánchez, vocal da entidade e anfitriona, foi a encargada de enmarcar o proxecto “Foros de Desenvolvemento Local” que ten por obxectivo crear unha experiencia piloto de camiño cara territorios intelixentes. A súa intervención tivo como esquema "Pensar global, actuar local”, dado que AFIPRODEL desexa idear un conxunto de actividades non moi custosas, pero cun gran impacto, e adaptar esas actividades ás políticas das distintas administracións.

Tempos de crise

O documento de conclusións comeza cun claro "O mundo non está no seu mellor momento". A crise financieira e humanitaria deixa millóns de persoas no paro e ducias de razóns para afrontar o problema dende abaixo.

Así, a desde Afiprodel apostan pola acción, e non pola resignación.

Así, despois dunha reflexión rápida sobre a función dos AEDL, lanzou unha proposta de liñas de traballo e actividades: a profesión de AEDL, o artellamento do territorio, as súas potencialidades, o consumo como aliado do desenvolvemento, o cambio climático e as enerxías e a definición de camiños para os territorios.

A identidade como vangarda

Unha das intervencións máis interesantes foi a de Rubén Lois, que fixo reflexións interesantes que se saen dos tópicos. Unha delas é a conveniencia de buscar en cada territorio os elementos individuais innovadores ou singulares que lle aportan valor. O cal ten moita relación coa identidade. Cada territorio ten unha potencialidade, non se lle pode aplicar a mesma receita a todos.

O rural tamén foi protagonista da súa disertación. A urbanización tardía de Galicia converteunos a todos en “desertores do arado”, e creouse unha mala imaxe do mundo rural, cousa que non pasa en Francia, segundo matizou Rosa Leis máis tarde. Sería interesante clasificar as actividades do rural en función da súa compatibilidade entre sí no territorio, e eliminar problemas administrastivos ou burocráticos ao seu desenvolvemento.
Fixo tamén Leis unha lectura positiva do envellecemento do país, pois ha persoas que despois de xubiladas están participando en actividades e non se debe descartar o envellecemento activo cando se fala de desenvolvemento local.

Unidade

Ricardo mira falou de bidireccionalidade necesaria para o desenvolvemento local entre entidades sociais e políticas. E nesa liña reflexionando sobre a Costa da Morte, propuxo a creación dunha federación ou entidade que aglutine a todas as forzas que buscan un protagonismo na zona.

Dende a experiencia externa, a profesora Adina deu unha visión moi interesante de Galicia e da Costa da Morte. Preocúpalle a pouca coordinación entre axentes moi activos e o pouco esforzo que se fai de cara ao turismo por dar valor a todos os recursos que existen (non hai unha venta adecuada, unha posta en escena que faga vivir unha experiencia).

Pola súa banda, Rosa Leis destacou que as potencialidades do territorio deben ser descubertas e explotadas polos seus habitantes, para o cal considera fundamental unha relación moito máis directa entre cidadanía e mandatarios.

Decálogo de Conclusións

Aquí queda un pragmático esquema de conclusións que poden servir para o desenvolvemento da Costa da Morte:

  • 1) Identificación de elementos individuais innovadores ou singulares que aporten valor ao territorio. Definición da identidade:
    - Patrimonio cultural e natural. Patrimonio material e inmaterial.
    - Necesidade de marca para o territorio.
    - “Empaquetado” adecuado de cada elemento singular (marketing)
  • 2) Valorización da xente do territorio, tanto da que vive nel como a que está fora. Das persoas sairán as ideas que fagan florecer o territorio:
    - Artellamento da súa participación
    - Atención ao envellecemento activo e ao papel das mulleres
    - Aproveitar a homes e mulleres que están no exterior ou que ocupan cargos nos que tomen decisións que afecten á zona
    - Atención a escolares e universitarios. Pódense crear unidades didácticas sobre desenvolvemento local e achegarnos á universidade, por exemplo a través das xornadas que pretende organizar o profesor Ricardo García.
  • 3) Nova cultura do territorio. É necesario coidalo. Neste senso ten moita importancia o urbanismo e o coidado da paisaxe. Pódense crear premios a boas prácticas, por exemplo.
  • 4) Defensa do rural. Podense seleccionar actividades de posta en valor do medio rural e divulgalas ou facer denuncias de obstáculos ao seu desenvolvemento. Loitar por normativas adecuadas e racionais.
  • 5) Actividades económicas complementarias dentro do territorio. Elaborar un catálogo de actividades viables, compatibles e complementarias, tendo en conta que as familias fan as súas combinacións, e así sobreviven mellor ás dificultades:
    - Pesca. Marisqueo.
    - Agricultura e gandería. Alimentación. Economías de proximidade.
    - Xestión do monte.
    - Turismo. Artesanías. Marketing apropiado para os elementos singulares. Engancharse a Santiago de Compostela.
    - Pequena industria, comercio e servizos.
  • 6) Loita contra malas prácticas. Saíron varios temas como o da desaparición da actividade en lonxas que merecen a atención da sociedade. Débense levar a cabo actuacións que fagan visibles esas situacións que son un freo ao desenvolvemento integral dos territorios.
  • 7) Gobernanza:
    - Impulso da participación dos AEDL nas comisións asesoras dos comités territoriais
    - Impulso á participación e ao artellamento da sociedade.
    - Organización de mesa con políticos
    - Coidado dos protocolos da participación (espazos, actitudes)
    - Apoio a foros de debate (exemplo Aulas da Costa da Morte)
  • 8) Consumo. As decisións de consumo (do mercado interior e de proximidade) poden ser un aliado para a economía do territorio. Pódense levar a cabo campañas destinadas aos consumidores facendo énfase en tipos de empresas (exemplo: panaderías, carnicerías), produtos ou actividades que teñen un valor engadido para o consumidor e para o tecido económico do territorio.
  • 9) Modelo territorial. Afiprodel non pode crear un modelo territorial pero sí lle pode dar un impulso ao debate sobre o territorio.
  • 10) A profesión de AEDL e a visibilización do traballo das axencias de desenvolvemento local.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios