85 rapaces e rapazas despiden as clases de informática en Fisterra

Durante os meses de xullo e agosto o concello de Fisterra impartiu distintos cursos de inromática e robótica Onte tivo lugar en Fisterra a clausura dos talleres de informática e robótica levados a cabo durante os meses de xullo e agosto nos que participaron un total de 85 rapaces e rapazas. Durante estos talleres, os participantes tiveron a oportunidade de aprender dende os primeiros contactos coas novas tecnoloxías ata programas de creación e edición de vídeos, música, retoque dixital e programación con scratch e arduino. A entrega de diplomas correu a cargo do alcalde en funcións -Xan Carlos Sar Oliveira - e a concelleira de Cultura, Educación e TIC´s - Teresa Fernández Martínez -.
Onte tivo lugar a entrega de diplomas Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Fisterra