![taller-informatica-fisterra]()
Durante os meses de xullo e agosto o concello de Fisterra impartiu distintos cursos de inromática e robótica
Onte tivo lugar en Fisterra a clausura dos
talleres de informática e robótica levados a cabo durante os meses de xullo e agosto nos que participaron un total de 85 rapaces e rapazas.
Durante estos talleres, os participantes tiveron a oportunidade de aprender dende os primeiros contactos coas novas tecnoloxías ata programas de creación e edición de vídeos, música, retoque dixital e programación con
scratch e arduino.
A entrega de diplomas correu a cargo do alcalde en funcións -Xan Carlos Sar Oliveira - e a concelleira de Cultura, Educación e TIC´s - Teresa Fernández Martínez -.
![clausura-informatica-fisterra]()
Onte tivo lugar a entrega de diplomas
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Fisterra