A Artesanía local toma en agosto o Faro Fisterra
01 de agosto de 2012 (08:25 h.)
Xa está en marcha, un ano máis, a VI Mostra de Artesaria e Arte no Faro Fisterra. A cita será do 1 ao 15 de agosto e o simbólico faro da fin do mundo, o segundo punto máis visitado do país, terá un pouco de todo:
Encaixe de bolillos, coiro, prata esmaltada, cerámica, cartón pedra, escultura en pedra, talla de madeira, retratos a lápiz, carboncillo e pastel...
O horario da mesma será de luns a domingo de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00 horas.
Que gusto daría ver estes artesáns todo o ano na explnada do Faro, e que os peregrinos puidesen mercar artesanía local no canto de souvenirs do Pacífico... Veremos se é certo que renovan a concesión do chiringuito.
Novas relacionadas
- Os artesáns non volven ao Castelo ata o 15 de xullo polos recortes.
- Un MAR de arte agrícola en Carnota.
- 11-12-2009: Máis de 4.000 persoas visitaron a IV Mostra de Artesanía de Fisterra.