Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os artesáns non volven ao Castelo ata o 15 de xullo polos recortes

Os artesáns non volven ao Castelo ata o 15 de xullo polos recortes

Volverán antes os Irmandiños ao Castelo de Vimianzo, que os artesáns do Museo de Artesanía en Vivo. Algo que non acontecía dende hai 19 anos, tantos como ten o Museo. I é que segundo informou a Deputación ao Concello de Vimianzo, este ano a Mostra de Artesanía en Vivo no Castelo de Vimianzo non se abrirá ao público o día 15 de xullo, dados os recortes da entidade provincial que subvenciona o mesmo.

Unha nova que non é boa no sentido da redución do tempo de apertura, pero que tamén é unha boa nova pola supervivencia deste espectáculo de artesanía de verdade, artesanía auténtica, feita a man e en directo, na Costa da Morte.

Así o entende o alcalde vimiancés, Manuel Antelo, que ao tempo lamenta "que os recortes reduzan o tempo de apertura da Mostra xa que o Castelo de Vimianzo recibe máis de 10.000 visitantes durante os dous meses de verán, uns visitantes que non fican só en Vimianzo senón que do castelo parten cara a diferentes concellos da Costa da Morte".
Entenden dende o Concello que "o funcionamento da Mostra de Artesanía en Vivo non é un tema que só repercuta turística e economicamente en Vimianzo, senón que tamén repercute nos concellos veciños".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios