Expertos do Banco de España imparten varias charlas financeiras na Aula CeMIT de Fisterra

Arrinca un novo ciclo de charlas na Aula CeMIT de Fisterra, que se desenvolverá neste primeiro semestre do ano a cargo de expertos do Banco de España, apto para todo tipo de público sexan ou non coñecedores do tema, xa que se utiliza linguaxe coloquial e resolución de dúbidas das persoas asistentes.

Poden inscribirse en cemit.fisterra@xunta.gal ou no 637 081 740.

No segundo semestre do ano, haberá outro ciclo con temáticas novas.