Expertos do Banco de España imparten varias charlas financeiras na Aula CeMIT de Fisterra

09:05 24/03/25
Arrinca un novo ciclo de charlas na Aula CeMIT de Fisterra, que se desenvolverá neste primeiro semestre do ano a cargo de expertos do Banco de España, apto para todo tipo de público sexan ou non coñecedores do tema, xa que se utiliza linguaxe coloquial e resolución de dúbidas das persoas asistentes.
Poden inscribirse en cemit.fisterra@xunta.gal ou no 637 081 740.
No segundo semestre do ano, haberá outro ciclo con temáticas novas.