A Casa das Peritas abríu as súas visitas artísticas á hora do vermú

Panorámica da exposición na Casa das Peritas
Obra de Natasha lelenco na Casa das Peritas A pasada fin de semana comezou a entrar un pouco de aire fresco pola fiestra cultural da Costa da Morte. Faino dende Mallas, Fisterra, concretamente dende a Casa das Peritas, o taller-museo da artista moldavo-galega Natasha Lelenco e do polifacético fisterrán de Sardiñeiro, Tomás Lijó. Dende a pasada fin de semana e durante todo o verán a Casa das Peritas abre as súas portas durante as fins de semana para acoller sesións de visitas de arte á hora do vermú. Do vermú encárgase Petroni, e da arte a propia Natasha cos seus Señores Importantes, e mais Luisa Álvarez. Esta fin de semana xa pasaron os primeiros intrépidos buscadores de tesouros, buscadores de cousas novas, e mesmo xa compraron algunha das singulares pezas das dúas artistas. Moitos gozaron sosegadamente da exposición de pintura e arte lumínica, mentres saborean unha copa de St Petroni, vermutería galega que patrocina o evento. O plan complétase coa visita a un dos núcleos rurais mellor conservados da contorna, a aldea de Mallas.
A Casa das Peritas esta na fermosa aldea de Mallas-Fisterra
Obra lumínica de Luisa na Casa das Peritas

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/arte-e-vermu-na-casa-das-peritas-un-sopro-de-aire-fresco-a-cultura-da-costa-da-morte/ “Os mecenas salvan da queima do San Xoán parte do Gran Libro dos Señores Importantes” — Que pasa na costa “A Casa das Peritas, unha nova Galería no rural da Costa da Morte” — Que pasa na costa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).