A Feira de Inverno de Fisterra engrandece o Mercado ao ritmo dos Cabezudos

Os Cabezudos de Fisterra no Mercado de Inverno-Foto-Darío Gómez

Abriu esta pasada fin de semana a II Feira de Inverno de Fisterra, unha mostra que vai durar toda esta semana. E fíxoo ao rtimo dos pasarrúas dos Cabezudos, recuperados o ano pasado precisamente para este mesmo evento, e do grupo "Os Fondaos de Pínfano”.

A Feira, no marco do programa municipal de Nadal, pretende revalorizar o Mercado municipal, convertíndoo no centro de operación das actividades culturais. Estes días, por exemplo hai obradoiros de arte floral, e xa andan preparando todo para a visita do Apalpador á cargo do contacontos Anxo Moure.

Oas Fondaos do Pínfano de pasarrúas por Fisterra-Foto-Darío Gómez
Feira de Inverno no Mercado municipal-Fotos de Darío Gómez

Os Rapacollóns solidarios

Os que tamén se uniron á solidariedade do Nadal foron os Rapacollóns cunha colleita de alimentos ben emotiva.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).