A Feira de Inverno de Fisterra engrandece o Mercado ao ritmo dos Cabezudos

07:59 19/12/16

Abriu esta pasada fin de semana a II Feira de Inverno de Fisterra, unha mostra que vai durar toda esta semana. E fíxoo ao rtimo dos pasarrúas dos Cabezudos, recuperados o ano pasado precisamente para este mesmo evento, e do grupo "Os Fondaos de Pínfano”.
A Feira, no marco do programa municipal de Nadal, pretende revalorizar o Mercado municipal, convertíndoo no centro de operación das actividades culturais. Estes días, por exemplo hai obradoiros de arte floral, e xa andan preparando todo para a visita do Apalpador á cargo do contacontos Anxo Moure.



Os Rapacollóns solidarios
Os que tamén se uniron á solidariedade do Nadal foron os Rapacollóns cunha colleita de alimentos ben emotiva.

Novas relacionadas
- Os Rapacollóns, moito máis que fútbol por Nadal.
- Música, obradoiros, o apalpador e a cabalgata protagonizan o mes decembro en Fisterra.
- 2015: As Festas de Fisterra recuperan aos seus Cabezudos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).