A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra escolleu foto para o cartel

Ata o día 1 de xaneiro non o coñeceremos, pero a Semana Santa de Fisterra xa ten o cartel no forno. A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra reuníase o pasado sábado para escoller a fotografía que será o cartel oficial da festa tras 3 meses de concurso aberto.

Foron 8 propostas as presentadas para convertirse na portada desta festa declarada de interese turístico nacional. O xurado elixíu 3 finalistas e de aí saíu a obra gañadora co 100% dos votos do xurado. Dita obra foi realizada por Carlos Fariña, e presentarase o dia 1 de xaneiro do 2013.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).