A nova Xunta de Confrarías de Fisterra arrinca cun concurso de Carteis para Semana Santa


Aínda queda moito, pero a Semana Santa de Fisterra dura case todo o ano. Así, hoxe coñecemos o nacemento e creación dunha Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra. Unha xunta que nace co obxetivo de coordinar os preparativos para potenciar e desarrollar a Semana Santa de Fisterra, unha das 9 Festas Galegas de Interese Turístico da Costa da Morte.
A Xunta está formada por todas as Cofradías e Irmandades que compoñen a Semana Santa, polo que entendemos que a unión sempre é positiva.
E nace xa con unha acción entre mans. I é que este ano, a fotografía que ilustrará o Cartel Oficial da Semana Santa Fisterrana se elixirá nun concurso. Veñen de publicar xa as bases do concurso, polo que os todos os fotógrafos, profesionais e afeccionados, que o desexen, xa poden comezar a mandar as súas instantáneas relacionadas, evidentemtente, co evento.
Bases do I Concurso de Carteis de Semana Santa de Fisterra
Cada autor pode enviar un máximo de 3 fotos, sempre en sentido vertical. Deberán presentarse en Din-A4, nun sobre pechado, sen reseña nin datos, e dentro levará un sobre pechado cos datos do autor, dirección e teléfono.
As
obras poderanse entregar en man no Concello de Fisterra, especificando que é para o "I Concurso do Cartel Semana Santa", ou se poderá enviar por correo á seguinte dirección: Concello de Fisterra. Calle Santa Catalina, 1. 15155, Fisterra.
O prazo de entrega remata o 29 de novembro de 2013.
O gañador levará un premio de 100€, ademais de saír a súa foto no cartel. E o premio farase público o 7 de decembro, ás 19:00h no marco dunha exposición que se abrirá ao público durante toda a ponte da Constitución na aula da Confraría de Pescadores, fronte á Rectoral.
Novas relacionadas
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- 2013: De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte.
- 2012: O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.
- Festas do Santo Cristo 2010: Fisterra respirou espiritualidade.
- Festas do Santo Cristo 2010: A Panorama “montou un bo cristo” en Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2009: E Cristo resucitou en Fisterra.
- Festas do Santo Cristo 2009: De procesión na Semana Santa de Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2008: “A Semana Santa en Fisterra non se pode describir, hai que vela e vivila”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).