ADEGA convoca ao voluntariado ambiental unha nova xornada de eliminación de invasoras na microrreserva de Mar do Rostro

Mantendo viva a Microrreserva de Mar do Rostro en Fisterra

Segue ADEGA loitando contra as especies invasoras. E faino con exposicións, con saídas escolares ambientais, e con xornadas de eliminación de invasoras para manter microrreservas, como veñen facendo na lagoa das Xalfas ou en Mar de Fóra.

Precisamente, o vindeiro sábado 10 de marzo, a entidade ecoloxista volve convocar aos voluntarios da zona que queiran animarse para continuar coa loita contra as especies invasoras nas microrreservas de Fisterra. Convocan ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo de Fisterra cun elevado valor ambiental.

A actividade será na praia do Rostro e actuarase coas especies de Yucca gloriosa alí presentes. O programa provisional comenzará ás 10:30h cunha introdución á problemática ambiental das especies exóticas invasoras; haberá despois 4 horas de traballos de eliminación de flora exótica, para deixar aínda tempo para un xantar e un pequeno roteiro pola zona.

A actividade é de balde pero cómpre inscribirse en 981 57 00 99 / 650 261 283 ou viqui@adega.gal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).