ADEGA convoca ao voluntariado ambiental unha nova xornada de eliminación de invasoras na microrreserva de Mar do Rostro


Segue ADEGA loitando contra as especies invasoras. E faino con exposicións, con saídas escolares ambientais, e con xornadas de eliminación de invasoras para manter microrreservas, como veñen facendo na lagoa das Xalfas ou en Mar de Fóra.
Precisamente, o vindeiro sábado 10 de marzo, a entidade ecoloxista volve convocar aos voluntarios da zona que queiran animarse para continuar coa loita contra as especies invasoras nas microrreservas de Fisterra. Convocan ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo de Fisterra cun elevado valor ambiental.
A actividade será na praia do Rostro e actuarase coas especies de Yucca gloriosa alí presentes. O programa provisional comenzará ás 10:30h cunha introdución á problemática ambiental das especies exóticas invasoras; haberá despois 4 horas de traballos de eliminación de flora exótica, para deixar aínda tempo para un xantar e un pequeno roteiro pola zona.
A actividade é de balde pero cómpre inscribirse en 981 57 00 99 / 650 261 283 ou viqui@adega.gal.
Novas relacionadas
- Febreiro 18: Unha saída ambiental vale máis que mil clases teóricas.
- Febreiro 18: Carballo acolle unha interesante exposición sobre especies invasoras.
- Xullo 17: 17 voluntarios de ADEGA eliminaron as chumbeiras e outras invasoras da praia e da Lagoa de Louro.
- Descubrindo as microrreservas de Mar de Fóra
- Os Voluntarios do Monte Branco retiran 7 toneladas da invasora unlla de gato de Valarés.
- Limpando areas e lagoas a pé e dende o despacho.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).