Atopado o corpo do Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra

Recuperado o corpo do peregrino desaparecido en Fisterra-Foto-Darío Gómez Os buzos dos GEAS da Policía Nacional atoparon este mediodía arredor das 13:00h do 22 de outubro, o corpo sen vida do peregrino desaparecido o pasado domingo no Cabo Fisterra. O cadáver do mozo de 25 anos (A.R.M. e natural de Fuenlabrada), Policía Nacional de profesión, despois de dous días dun completo dispositivo de busca, foi localizado no mar, preto das rochas do Cabo a menos de 100 metros de onde fora atopada a súa mochila. Unha embarcación dos corpos de seguridade achegaron o corpo a terra. Hoxe volveran saíron varios medios na súa procura: 6 voluntarios Protección Civil por terra, Policía Nacional, Policía Local e GEAS e a Garda Civil, que mobilizou unha embarcación, así como Salvamento fixo o propio co helicóptero Helimer.
A Policía Nacional achega o corpo do peregrino desaparecido ao porto de Fisterra
A embarcacion da Policia Nacional entrando no porto de Fisterra co corpo do peregrino desaparecido o pasado domingo
Corpos de Seguridade da GEAS da Policia Nacional no Porto de Fisterra

Nova relacionada

Máis novas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).