Calcinado un vehículo no porto de Sardiñeiro

Incendio dun vehículo en Sardineiro

Esta pasada noite de mércores, o porto de Sardiñeiro era testemuña do incendio dun vehículo. Corrían as 21:00h cando os Bombeiros de Cee tiñan que achegarse ata a entrada ao porto fisterrán con 2 vehículos, 1 cabo e 2 bombeiros.

O coche estaba absolutamente cuberto de lapas, e os Bombeiros tiveron que esforzarse para sufocalo con dúas liñas de auga, unha dende cada camión.

Unha vez extinguido o lume por fóra, abriron o capó para extinguir o lume do motor.