Unha campaña, aragonesa, busca erradicar a falsa tradición de queimar as botas dos peregrinos en Fisterra

Dende 2011 vimos denunciando a falsa tradición de queimar prendas de roupa ao final do Camiño. Unha práctica que o único que consegue é convertir nun vertedoiro o cabo da fin da terra.

Tras anos combatendo este "falso ritual”, agora é a Asociación de Fabricantes de Calzado e Afíns de Zaragoza e Provincia (Afcya) a que lanza a campaña 'Bo Camiño, mellor final' para intentar convencer aos peregrinos do dano que provoca esa acción nunha paraxe natural como é o cabo fisterrñan.

A Asociación colocou un colector no km.0 para que os peregrinos poidan desfacerse das súas botas e outros enseres para que sexa xestionados de xeito medioambiental.

Novas relacionadas