Comezan os cursos de informática para pequenos e maiores en Fisterra

Comeza un novo curso de informática en Fisterra. A partir do vindeiro luns 21 de outubro, os nenos e os maiores fisterráns comezarán a acodir á Aula de Informática.

Para os pequenos de entre 6 e 13 anos, e en horario de tarde, toca cursos de "Introdución á informática, ofimática, internet e photoshop". Hai prazas limitadas.

E para os adultos, en horario de tarde, toca "Curso de Informática básica e avanzada, ofimática"; "Internet e redes sociais"; "Deseño de páxinas webs (Dreamweaver); "Rotoque dixital".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).