Sábado. 18.05.2024
El tiempo

A Aula CeMIT de Fisterra aprende aos voluntarios a usar as redes sociais

A Aula CeMIT de Fisterra aprende aos voluntarios a usar as redes sociais
Aula CeMIT de Fisterra

Non deixa de formar en materia 2.0 a activa Aula CeMIT de Fisterra, dinamizada pola axente Alicia López. Desta volta, e dentro do programa formativo para 2013 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vaise a realizar durante as tardes do xoves e venres do mes de xuño a actividade formativa Redes Sociais e Comunicación 2.0, composta polos 4 módulos que se especifican neste correo.

Uns cursos orientados preferentemente a voluntarios e voluntarias dixitais e persoal técnico das entidades de acción social adheridas ao programa Voluntariado Dixital, no que poderán asistir libremente calquera persoa interesada ata completar aforo. A actividade realizarase por videoconferencia, xa o mestre estará no salón de actos do CNTG en Santiago de Compostela.

Programa da Aula CeMIT

Así, durante o Mes de xuño, en horario de 16:00-20:00 (xoves e venres pola tarde), os cursos serán os seguintes:

  • Parte I: REDES SOCIAIS E COMUNICACIÓN 2.0 (6, 7 xuño) 16:00-20:00.
  • Parte II: IDENTIDADE DIXITAL (13,14 xuño) 16:00-20:00.
  • Parte III: COMMUNITY MANAGER (20, 21 xuño) 16:00-20:00.
  • Parte IV: CROWDFUNDING (27, 28 xuño) 16:00-20:00.

Xa se poden inscribir antes do 5 de xuño.

Novas relacionadas

Fonte

  • Aula CeMIT de Fisterra.

Comentarios