Denuncian que unha parella marchou sen pagar dun restaurante de Fisterra

Imaxe da cámara de seguridade

Acontecía onte no restaurante Xacobeo, na entrada no porto de Fisterra. Eran as 13:30h cando unha parella entraba na terraza do establecimento despois de aparcar a porta. Comeron durante uns 45 minutos, con algunha mirada ás cámaras de seguridade, e cando se dispuñan a marchar, a muller saía primeiro cara o vehículo, mentres el se achegaba algo á barra coa conta na man, pero marcha sen pagar, apurando a saída, meténdose no coche e saíndo con presa.

Tras avisar á Garda Civil esperan que topen con eles.