Despregado un completo dispositivo de busca por un Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra

Un Policía Nacional buscando un compañeiro desaparecido no Cabo Fisterra-Foto-Kevin Sánchez

Unha marea de medios de Salvamento e corpos de seguridade ateigan dende primeiras horas deste martes 20 de outubro a zona do Cabo Fisterra. Un Policía Nacional, de 25 anos e natural de Madrid, que viña facendo o Camiño, desaparecía este pasado domingo.

Tras dous días sen coller o teléfono, este mediodía uns peregrinos atopaban unha mochila coa súa documentación nas rochas do entorno do Faro fisterrán.

Comezaba aí o dispositivo de busca, liderado pola Garda Civil, con medios aéreos, marítimos e por terra. Traballando arreo seguen medios de Salvamento Marítimo, e medios da Garda Civil e da Policía Nacional, acompañados polos membros de Protección Civil de Fisterra.

Buscando un Policía Nacional desaparecido en Fisterra-Foto-Darío Gómez
Medios aéreos buscando no Cabo Fisterra-Foto-Dario Gomez
Dispositivo para a busca dun Policia Nacional desaparecido en Fisterra - Fotos-Kevin Sánchez
Poucas veces se ve a Policia Nacional por Fisterra-Foto-Darío Gómez
Curiosa imaxe con visitantes no medio do dispositivo de busca-Foto-Dario Gomez

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).