Detido o suposto autor do atropelo e darse á fuga acontecido en Cee
07 de outubro de 2025 (17:42 h.)
Esta mañá, a Garda Civil detivo un veciño de Fisterra como presunto autor do atropelo dunha persoa en Cee, co agravante de terse dado á fuga.
Testemuñas declararon que se trataba dun BMW escuro longo, que viña a moita velocidade. O EIS (Equipo de Investigación de Sinistros) de Santiago de Compostela comezaba a investigación en plena madrugada e esta mañá xa detiñan ao presunto autor. O detido está retido en Corcubión, pasará a noite nos calabozos de Carballo e mañá pola mañá pasará a disposición do xulgado.