Atropelo mortal con fuga en Cee

Esta pasada noite, arredor das 22:00, tiña lugar un atropelo mortal en Cee, diante do Hotel Beiramar, xusto antes de entrar en Corcubión.
Un coche atropelaba unha persoa, supostamente un veciño de Corcubión pero natural de Muxía, e se daba á fuga. O 112 Galicia recibiu chamadas de alertadores que aseguraron ter visto un turismo no lugar dos feitos. Sen embargo, no sitio do accidente, na Avenida de Fisterra, AC445, aínda que había algún resto do paso dun coche, insistiron os alertadores, ningún condutor agardaba a chegada dos servizos de emerxencias.
Lamentablemente, o home supostamente atropelado resultou falecido, tal e como confirmaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Segundo testemuñas dos edificios, o vehículo era un BMW escuro longo, e viña a moita velocidade, golpeo ao home e o lanzou a uns 20 metros de distancia, dándose á fuga dirección Corcubión.
Os voluntarios de Protección Civil de Cee e a Garda Civil acudiron a recabar información. Nestes momentos está investigando o EIS (Equipo de Investigación de Sinistros) de Santiago de Compostela.