Fisterra acolle dúas actividades esta fin de semana

Segue Fisterra coa mente posta no Entroido de Verán. Pero para paliar os nervios, o Concello prepara un par de actividades culturais para esta fin de semana.

O sábado 2 de xullo, ás 12:00h, Inventi Teatro trae á praza da Constitución a súa obra “A Troupa do Doutor Milagre”. Un espectáculo para toda a familia.

Xa o domingo 3, ás 19:30h na praza da Ribeira, Carlos Crespo de La Duendeneta, trae unha sesión de música comentada sobre a historia da música galega contemporánea, chamada “Dende Andrés Dobarro ás Tanxugueiras”.

Novas relacionadas