Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fisterra conta as horas para o seu Entroido de Verán

ENTROIDO DE VERÁN FISTERRA 2022
Fisterra conta as horas para o seu Entroido de Verán

Nada máis efectivo que un entroido en verán para facer unha festa rachada de verdade. Sábeno por Corme, e tamén o saben por Fisterra, pois xa vai anos que os Rapacollón’s Band preparan con amor e alegría este festorro.

Este ano volve o Entroido de Verán con todo. Será o sábado 9 de xullo, e hai actividades dende as 11:00h ata as 4:00h.

Arrinca con pasarrúas, e o concerto infantil do gran Pakolas para os máis pequenos na praza da Constitución (12:00).

Despois de comer xa se poden ceibar ás crianzas nos inchables da praia da ribeira e na Praza Esmorís Recamán.

Ás 18:00h chega o gran momento da concentración de disfraces na praia da Ribeira coa música de Pana. Abrirase aí a barra.

De contado algo de música coa Mekánica Rolling Band que dará paso ao pregón, a cargo da poeta Mónica Góñez.

Son xa ás 20:30h, tempo do Gran Desfile de Disfraces pola vila, amenizado pola Mekánica e a batucada dos mesmos Rapacollóns.

De volta á praza, sorteos, para posterior actuación de Xilo e a Disco Móbil.

Comentarios