Fisterra acolle un obradoiro de sexualidade dirixido á mocidade

O salón de plenos do concello de Fisterra acolle este sábado, 24 de outubro, ás 19:30 horas un obradoiro de sexualidade e diversidade dirixido á mocidade. Paula Nemiña e Antía Insua, da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte, son as encargadas de falar da importancia da sexualidade libre, gozosa e segura, desterrando etiquetas, sen estereotipos nin opresións. Neste obradoiro tamén se repartirá entre as mozas e os mozos asistentes a guía de sexualidade editada por Galiza Nova e que dará pé ao coloquio aberto sobre sexualidade e diversidade. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • GZ Costa da Morte