![obradoiro]()
O salón de plenos do concello de Fisterra acolle este sábado, 24 de outubro, ás 19:30 horas un
obradoiro de sexualidade e diversidade dirixido á mocidade.
Paula Nemiña e Antía Insua, da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte, son as encargadas de falar da importancia da sexualidade libre, gozosa e segura, desterrando etiquetas, sen estereotipos nin opresións.
Neste obradoiro tamén se repartirá entre as mozas e os mozos asistentes a
guía de sexualidade editada por Galiza Nova e que dará pé ao coloquio aberto sobre sexualidade e diversidade.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- GZ Costa da Morte