Fisterra ármase para a Festa do Longueirón e o Encontro PIrata

Imaxe do Encontro Pirata de Fisterra de 2019

Esta fin de semana de sábado 6 e domingo 7 de agosto, a vila do Cristo vivirá un evento tremendamente singular. A maridaxe perfecta entre gastronomía, troula e historia dase ca XXIX Festa do Longueirón e o VII Encontro Pirata.

O sábado abrirán os chiringuitos na Ribeira a partir das 13:00h, e xa haberá música dos ERapaces da Poza Choca e os Rapacollóns, como non. A gran cita teatreira será ás 19:30h, co Desembarco Pirata na praia da Ribeira, para realizar ás 23:00h a toma do Castelo!
A troula non parará coas discos móbniles.

Xa para o domingo, estarán amenizando os Kilomeros de Monte Alto e Santiaguiño de Padrón, e á noitiña actuará banda Xangai co gran Xurxo Souto á fronte, onde estrearán o himno do longueirón.

Novas relacionadas