Longueiróns, piratas e risas tomaron Fisterra


Fisterra lévao no sangue. Todo volve ao Entroido, e a Festa do Longueirón leva xa 3 anos entregada a convertirse nun entroido de verán, e cada ano é máis xente a que vai disfrazada. O Desembarco Pirata foi un novo e espectacular éxito de representación nunha ateigada Praia da Ribeira. Ten que compartir así o longueirón, o rei do marisco da comarca fisterrá, protagonismo coa retranca e o humor. Pero hai cabida para todos, que zampar e rir lévanse máis que ben.
Esta 3ª edición do Desembarco Pirata pretende lembrar o asalto e saqueo de Fisterra, en 1404, polos homes de Harry Paye. En 2008, unha comitiva inglesa visitou a vila do Cristo para devolver a cruz roubada naquel lonxano século XV na Igrexa de Santa María das Areas, feito que supuxo o irmandamento infinito das vilas de Fisterra e Poolo. Unha expedición inglesa participou activamente na festa.
Os barcos despregados cada ano son máis impresionantes, e mesmo houbo que escadar o Castelo de San Carlos para manter Fisterra libre de invasores, que non de risas.
Mentres, nos postos, a xente hincouse de comer as ricas delicias que nos deixa o longueirón, nesta a súa XXV edición.








Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).