Fisterra estrea o filme sobre Castelao rodado con e na fin da terra
Estrea especial este sábado 27 de setembro no Mercado Cultural de Fisterra. A partir das 20:00h realizarase a proxección de “Antes de Nós”, o filme de produción galega que foi rodado, en boa parte, na vila do Cristo durante o ano pasado
Será unha estrea moi especial porque na película, que relata a vida de Castelao, actuaron, como personaxes extras, moitos veciños e veciñas de Fisterra.
Trátase dun filme da produtora Zenit TV e Retrincos A.I.E (coa participación da TVG). A longametraxe está dirixida por Ángeles Huerta (O corpo aberto, Esquece Monelos…) e o guión de Pepe Coira. Xoán Fórneas fai de Castelao arredor dun elenco formado por Cris Iglesias (Virxinia Pereira), Nancho Novo (Sobral, o canteiro), Xoel Fernández (Cándido), Miquel Insua (Viturro), Sergio Zearreta (Cubeiro), Isabel Vallejo (Xaquina) e Adrián Ríos (Moure), entre outros.