Fisterra lembra a Alexandre de Fisterra con varios vinilos informativos na que foi a súa casa

Así queda a fachada da Casa de Alejandro de Fisterra

Á venta está a casa na que medrou Alexandre de Fisterra (6 de maio de 1919) no corazón da vila do Cristo. Unha casa abandonada, como foi abandonado o nome do inventor fisterrán durante décadas. Nos últimos anos, co Campionato de Futbolín, a vila quere poñer en valor o legado dun home que leva o nome da vila por todo o planeta, e para honrar a súa memoria, o Concello vén de adecentar a fachada da vivenda con estes vinilos explicativos.

Porque Alejandro Campos Ramírez (poeta, escritor e xornalista, ademais de inventor do ftubolín), semprefixo orgullo da súa patria.